Catro ouros, unha prata e tres bronces para o Club Natación Mos no Campionato Galego Alevín de Inverno

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

As nadadoras Antía Hermida, Carolina Pereiro, Eva Martínez e Ainoa Pardavila foron homenaxeadas onte na Piscina Municipal do Pavillón Óscar Pereiro

 

Onte pola tarde celebrouse a recepción ás nadadoras alevíns do Club Natación Mos, polos resultados obtidos no Campionato Galego Alevín de Inverno. O acto para felicitalas celebrouse na Piscina Municipal do Pavillón Óscar Pereiro, na que adestran 5 días á semana, de luns a venres.

 

Estiveron presentes na recepción as medallistas mosenses no Galego Antía Hermida, Carolina Pereiro, Eva Martínez e Ainoa Pardavila, xunto cos demais nadadores/as do Club Natación Mos e o seu adestrador; María Rodríguez, presidenta do Club Natación Mos e demais membros da directiva do Club Natación Mos, Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Camilo Augusto, tenente alcalde de Mos, demais membros do equipo de goberno local e demais membros da Corporación Municipal.

 

Os resultados obtidos polas catro nadadoras foron:

 

Antía Hermida:

  • Campioa Galega en 100 Bolboreta
  • Campioa Galega en 100 Estilos
  • Campioa Galega en 200 Estilos
  • Medalla de Bronce en 100 Libre

 

Carolina Pereiro:

  • Campioa Galega en 100 Braza
  • Sub Campioa Galega en 200 Braza
  • 6ª en 100 Bolboreta
  • 4ª en 200 Estilos

 

Eva Martínez:

  • Medalla de Bronce en 100 Espalda
  • Medalla de Bronce en 200 Espalda
  • 19ª en 100 Libre
  • 9ª en 100 Estilos

 

Ainoa Pardavila:

  • 4ª en 100 Libre
  • 6ª en 400 Libre
  • 8ª en 200 Libre
  • 10ª en 100 Estilos

 

O Campionato Galego Alevín de Inverno celebrouse durante os días 1 e 2 de Febreiro e disputouse na Piscina de Santa Isabel (Santiago de Compostela). O Club Natación Mos desprazou ata a capital galega a catro nadadoras, Antía Hermida, Carolina Pereiro, Eva Martínez e Ainoa Pardavila que nadaron un total de 4 probas individuais cada unha, ademais dos 3 relevos.

 

Nas probas de relevos lograron un 5º Posto en 4×100 Estilos, 9º Posto en 4×100 Libre, e 10º Posto en 4×200 Libre.

 

Dese a directiva do Natación Mos consideran “o balance do Campionato moi bo para o Club. Sendo as catro integrantes de primeiro ano de categoría dentro do seu ano (2008), demostraron un grandísimo estado de forma, e nas probas de relevos contra rivais, maioritariamente, do ano 2007 souberon loitar cada posta ata o final. As nadadoras melloraron todas as súas mellores marcas en case a totalidade das probas. Antía e Carolina nalgunhas das súas probas están nun nivel próximo aos topes esixidos para os campionatos nacionais. Con tan só 4 integrantes a escuadra do CN Mos logrou clasificarse en 8ª posición na clasificación feminina dun total de 23 clubs, a pesar de ser un dos clubs con menor cantidade de nadadoras en liza. Cun total de 8 preseas este campionato supón o mellor resultado do noso club nun Galego Alevín. Ademais a tempada 19/20 está a supoñer unha gran expansión do Club, demostrando o gran potencial existente e facéndose ver que a mellor versión aínda está por chegar”.