Catro postos de podio no Campionato Galego para o Club Xadrez Mos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

As categorías Sub-14 e Sub-18 da competición autonómica disputáronse en Padrón do 22 ao 25 de Febreiro

Os pasados 22, 23, 24 e 25 de Febreiro disputáronse as categorías Sub-14 e Sub-18 dos Campionatos Autonómicos de Xadrez no Hotel Scala en Padrón.

Ata alí desprazáronse 20 xogadores e xogadoras do Club Xadrez Mos e catro deles/as clasificáronse en postos de podio nestes Campionatos Galegos.

 

Foron Carmen Gallardo García, 3º Clasificada Sub-14, Xabier Pérez Sousa, 4º Clasificado Sub-14, Antonio Álvarez Pampillón, 4º Clasificado Sub-18, e Óscar Morais Reixas, Subcampión Gallego Sub-18.

Desde a directiva do Club Xadrez Mos consideran que “os resultados foron moi positivos, fomos o Club con maior representación en postos de podium, por iso unha vez máis enorgullecémonos dos nosos rapaces e rapazas que sempre deixan o nome de Mos ben alto nas competicións nas que participan e, o que é máis importante, disfrutan do xadrez que é a súa maior paixón”.