CDiT – MOS (Centro de iniciativas e Innovación tecnolóxica)


voldix

O Concello de Mos no ano 2012 adheríuse ao Programa de Voluntariado Dixital, co obxectivo de achegar as novas tecnoloxías a toda poboación do municipio e de dinamizar todalas actividades posibles neste ámbito.

O Programa de Voluntariado Dixital ten como obxectivos:

  • Promover a innovación na xestión.

Potenciación do uso das novas tecnoloxías pola cidadanía e apoio e consolidación do seu uso no terceiro sector posibilitando a súa autonomía, participación, colaboración e mellora na súa xestión diaria.

  • Promover novos valores na sociedade.

Fomentar a responsabilidade da propia sociedade civil a través da dedicación voluntaria de tempos e capacidades, xa sexa a nivel individual ou a través da responsabilidade social empresarial (RSE) por parte do sector privado e outras entidades e organizacións de calqueira ámbito na nosa comunidade.

  • Promover a eficiencia e cooperación: Máis por menos.

Contribuír a xerar e difundir a MARCA Voluntariado e Novas Tecnoloxías como unha marca que canalice as diferentes ACCIÓNS SOLIDARIAS na nosa comunidade que inciden directamente na mobilización da cidadanía de cara a Sociedade da Información e o Coñecemento.

  • Promover oportunidades dixitáis.
  • Ofertar un espazo de comunicación entre os axentes implicados na acción voluntaria e as persoas voluntarias facilitando o contacto entre eles.

Link: http://voluntariadodixital.xunta.es/es


Aula de formación en novas tecnoloxías

A Axencia de Colocación de Mos, sito en Avda. de Peinador, 39 (MOS) dispón de dúas Aulas de formación en Novas Tecnoloxías.

Esta aula está dotada do equipamento necesario para albergar cursos de formación da familia profesional das novas tecnoloxías.

A finalidade do Concello de Mos é ofrecer cursos de formación en novas tecnoloxías dirixidos a persoas en desemprego, a maiores e a xoves.

A oferta destes cursos aparecerá no apartado específico destinado aos cursos.


Rede CEMIT

cemit

O obxectivo da Rede CEMIT é a de vertebrar territorial e socialmente Galicia, en especial onde a brecha dixital se fai máis evidente, impulsando, potenciando e difundindo os coñecementos nas tecnoloxías da información e a comunicación da ciudadanía galega.

A Rede caracterízase porla impartición de actividades formativas no campo da alfabetización dixital e do emprendemento.

O Concello de Mos está adherido ao Plan de Inclusión Dixital da Rede CeMIT e ao Programa Faite Dixital, co que colabora activamente.


Aula de busca de emprego e apoio ao autoemprego

A Axencia de Colocación de Mos, pon a disposición das persoas en busca de Emprego e emprendedores/as unha aula con acceso a internet, a través do programa Orienta2.

Esta aula está destinada a facilitar ás persoas desempregadas a través dos grupos activos de busca de emprego organizados dende o Servizo de Orientación Laboral, a busca de emprego a través de internet e a actualización dos seus CV, ou a preparación das súas entrevistas de traballo entre outros.

Asímesmo, está destinada a facilitar aos emprendedores o acceso a recursos on line para o traballo necesario nos seus plans de negocio e de empresa.

A utilización desta aula será posible baixo solicitude aos departamentos correspondentes, indicando o obxectivo, tempo necesario e asesoramento que se necesita.


 Actividades de innovación tecnolóxica

 

 

faite-dixital

Proxecto piloto do Concello de Mos: InnovaTICMos: Proxecto de Innovación social Dixital no municipio de Mos, dirixido a persoas en busca de Emprego, emprendedores, e con especial énfase ás entidades asociativas do municipio.


 

Rede de Asociacións de Mos – Proxecto de Innovación Social Dixital, ao abeiro de Faite Dixital (CeMIT Innova)

faite-dixital-02

Iniciativa da Concellaría de Novas Tecnoloxías, dirixida ao fomento da participación social Dixital, que ten como obxectivo crear un espazo común onde tódalas asociacións do municipio poidan compartir a información das súas actividades e noticias, e onde poden encontrar outra información de interese para as mesmas.

Correo-e: redeasociacionsmos@gmail.com

Facebook: @Rede de Asociacions de Mos

.