Celébrase en Guizán a primeira da ronda de xuntanzas da alcaldesa e o goberno local nas parroquias

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Remate da xornada de xestión municipal coa primeira da ronda de xuntanzas da alcaldesa Nidia Arévalo e o equipo de goberno local coa veciñanza nas parroquias, comezando esta tarde por Guizán no local do Plantel.
Todas as reunións celebraranse ás 20.00 horas da tarde para que non interrompan nin coincidan coa xornada laboral da veciñanza.
A seguinte reunión programada é a da parroquia de Sanguiñeda, que se celebrará o vindeiro xoves, 21 de outubro. As xuntanzas iranse programando semanalmente a razón de unha ou dúas reunións por semana, ata completar as 10 parroquias.