Charla sobre crianza respectuosa e feliz en Torroso

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A actividade será impartida por Míriam Tirado

O Centro Dotacional de Torroso acolle o vindeiro sábado, día 4 de maio, ás 10.30 horas da mañá a conferencia ‘Crianza respectuosa e feliz. É posible?’.

Esta charla coloquio correrá a cargo da xornalista, escritora, blogueira e experta en maternidade Míriam Tirado; quen dará consellos para a crianza baseada no respecto, a confianza e a felicidade.

Tirado divulga con humor as bases dunha crianza consciente.

As entradas para participar nesta iniciativa atópanse á venda anticipadamente no Centro Dotacional e en taquilla o mesmo día da actividade. O prezo é de 5 euros para os/as socios/as do Centro Recreativo e Cultural de Torroso e de 10 euros para o público xeral.