Charla sobre envellecemento poboacional no Pazo de Mos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Mañá a partir das 20.00 horas da tarde

O Pazo de Mos acolle mañá, venres 22 de marzo, ás 20.00 horas, unha charla coloquio sobre o envellecemento da poboación galega.
Actuará como ponente-relator o Doutor Francisco Vázquez Troitiño.
No encontro abordarase a problemática do envellecemento poboacional, así como posibles propostas para solventalo.