Charla sobre Terapias Asistidas por Cans no Multiusos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Será impartida por Ramalladas o venres 22 de febreiro ás 20.00 horas no Multiusos

 

A concelleira de Educación e Participación Cidadá mosense, Kely Monzón, informou hoxe da vindeira celebración dunha charla informativa sobre a aplicación e beneficios das Terapias Asistidas por Cans (T.A.P) para diferentes colectivos.

 

O obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer o programa de intervención en Terapia Asistida con Cans (TAP) co “Método Pellitero” como base de intervención terapéutica e os seus beneficios.

 

A charla, segundo explicou Monzón, vai dirixida á poboación xeral, e específicamente aos pais/nais dos distintos centros educativos que poidan ter un fillo/a con síntomas de hiperactividade ou déficit de atención, asociacións que atendan a persoas con discapacidade (como ASODIFISI, por exemplo), centros de educación especial, centros de día e apoio ás persoas maiores, familias que presenten a algún membro cunha doenza neurolóxica ou psicolóxica, ou aqueles colectivos que conten con discapacitados físicos ou intelectuais.

 

A charla será impartida gratuítamente por ‘Ramalladas Terapia Asistida con Perros’ (da Ramallosa) especialistas nesta técnica innovadora. A ponente será a psicóloga Liliana Freijeiro Rial. O acto celebrarase o día 22 de febreiro no Multiusos ás 20.00 horas da tarde.