ChegaMOS ás 4.000 mascarillas repartidas entre comercios e empresas

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Foron doadas pola Xunta de Galicia e empresarios mosenses

Esta tarde membros do Servizo Municipal de Emerxencias e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos repartiron mascarillas a 45 establecementos comerciais de primeira necesidade abertos ao público (alimentación, panaderías, estancos e quioscos).

Con esta última entrega o Concello de Mos suma 4.000 MASCARILLAS ENTREGADAS A COMERCIOS E EMPRESAS E DOADAS POLA XUNTA DE GALICIA E EMPRESARIOS MOSENSES.

Ata o de agora estas entregas estábanse a realizar cunha periodicidade semanal que, en diante, continuará do mesmo xeito, xa que desde a administración local mosense prevese realizar cada semana unha entrega de mascarillas a comercios e empresas.

SOMOSMOS, Xuntos SaireMOS!