Ciclo de Teatro de Humor solidario en beneficio de Mos Axuda

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Os pases celebraranse os domingos 9 e 16 de febreiro no Centro Dotacional de Torroso

 

Comeza un Ciclo de Teatro de Humor en favor do banco de alimentos de Mos Axuda. As funcións terán un prezo simbólico da entrada solidaria de 2 euros por persoa.

O Ciclo iniciarase o 9 de febreiro ás 18:00 horas da tarde coa obra “É por aí?… E queda moito?” do Grupo de Teatro A Cividade.

A segunda sesión será o 16 de febreiro, tamén ás 18:00 horas, a cargo do Grupo de Mulleres en Igualdade de Mos, que representarán “O MOSical”.

Ambas funcións terán lugar no auditorio do Centro Dotacional de Torroso.