Clausura dos cursos Tempo de Lecer 2012

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

O sábado a partir das 16.00 horas no Multiusos
A concelleira de Participación Cidadá mosense, Kely Monzón, informa da celebración do acto de clausura dos cursos Tempo de Lecer 2012 impartidos nas asociacións do municipio, que constará de exposición de traballos realizados e de breves actuacións.
O acto terá lugar no Multiusos das Pozas, en Petelos, o domingo día 1 de decembro a partir das 16.00 horas. O horario de exposición será de 16.00 horas a 18.00 horas e de 19.00 horas a 20.00 horas. Iniciará e pechará o acto unha parella de baile de salón de Mos e contarase coa colaboración dunha xove do Val da Louriña, Sonia Petrel, quen sen estudios de deseño e moda, conta co don especial da creatividade e da decisión para diseñar os seus propios modelos, entre os que se atopan espectaculares creacións que lle amosará ó público o domingo no Multiusos. Por último, tamén se lle entregarán os diplomas acreditativos dos seus respectivos cursos de Tempo de Lecer ós distintos participantes neles.