Registro en Cl@ve

 

 

Contacta con nós de xeito telemático de forma fácil e segura, sen moverte da casa, desde o teu teléfono móbil polo sistema Cl@ve no seguinte enlace:  https://clave.gob.es/clave_Home/registro.html

Como podo rexistrarme?

A través de Internet sen certificado electrónico accede ao enlace “Solicita la carta invitación” e o sistema levarate a “Registrarse en Cl@ve”. Cubre tan só o teu número de DNI e data de caducidade deste.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A carta de invitación chegarache a través do correo postal ao teu domicilio fiscal no prazo aproximado dunha semana. Nesta carta enviaranche un Código Seguro de Verificación (CSV) que poderás activar en poucos minutos seguindo as instrucións que che indican.

Así de fácil terás identificación electrónica para comunicarte a través da sede electrónica do Concello de Mos https://mos.sedelectronica.gal/ e realizar todo tipo de trámites: solicitudes de certificados e volantes de empadroamento, instancias en xeral, queixas e suxestións, achega de documentación aos teus expedientes, etc.

Calquera dúbida sobre o funcionamento do sistema Cl@ve, chámanos ao 986 33 12 00 e intentaremos resolvela.