Comeza o curso na Escola Municipal de Tenis de Mos, que cumpre ademais catro anos de vida

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

DSC_0272webO concelleiro de Deportes, Alberto Méndez, e o director da Escola, José Villar, presentaron hoxe a tempada 2015-2016

 

Cúmprese o cuarto aniversario da creación da Escola Municipal de Tenis de Mos, que nacía a principios do mes de setembro de 2011. E coincidindo con esta efeméride, o tenente alcalde e concelleiro de Deportes mosense, Alberto Méndez, xunto co director da Escola, José Villar Valverde, anunciou o inicio do curso a partir do vindeiro 3 de outubro, data na  que se reanudarán as clases no Pavillón de Atín.

 

Durante o verán e sempre que a meteoroloxía o permite, como se ven facendo dende anos atrás, as clases impartíronse nas Pedriñas, parroquia de Tameiga, contando coa colaboración do Centro Cultural.

 

A comezos do mes que ven as sesións trasládanse ó Pavillón de Atín cos seguintes horarios: mércores de 18.30 horas a 22.00 horas e sábados de 10.30 horas a 14.00 horas. Os interesados en inscribirse nesta actividade deportiva poden poñerse en contacto coa concellería de Deportes.

 

Neste sentido o director da Escola, José Villar, destacou que esta “está aberta a alumnos e alumnas de tódalas idades, dende nenos e nenas a partir de 4 anos de idade ata adultos e maiores de 60 anos”. As clases organízanse en varios grupos en función das idades para adaptar as sesións ás características e necesidades do alumnado.

 

Sobre este deporte que xa conta cunha gran afición entre os nenos e xóvenes do municipio, o edil responsable desta iniciativa, Alberto Méndez,  explicou que “dende o Concello en xeral e dende a concellería de Deportes en  particular, continuamos a traballar para que a Escola Municipal de Tenis de Mos sexa unha escola competitiva e de referencia para as demais escolas de tenis”. Méndez informou tamén de que, a raíz da creación desta Escola Municipal de Tenis, logrouse que deportistas mosenses desta disciplina poidan competir en diferentes torneos e campionatos entre localidades. Neste sentido, o concelleiro declarou que espera que a afición polo tenis continúe a extenderse polas dez parroquias do Concello de Mos.