Comisión de Seguemento da Evolución da COVID-19 en Mos

A reunión de hoxe realizouse por videoconferencia coa presencia da alcaldesa, Nidia Arévalo, concelleiros/as do equipo de goberno local e técnicos/as municipais integrantes da Comisión de Seguemento.
Abordáronse durante a mesma todos os temas relativos á evolución da crise sanitaria no municipio, a actual situación en Mos, e as novidades sobre as novas medidas de prevención establecidas pola Xunta de Galicia que inflúen ao municipio mosense, que entrarán en vigor o venres 26 de febreiro e que os próximos días, unha vez sexan publicadas no Diario Oficial de Galicia, DOG, detallaremos.