Comisión de Seguemento da Evolución do COVID-19 en Mos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Esta  mañá ás 11.00 horas celebrouse unha nova sesión da Comisión de Seguemento da Evolución do COVID-19 en Mos na que se aprobou a acta da comisión anterior e deuse conta da prórroga do estado de alarma.

Ademais, como sempre, fíxose un repaso de todas as actuacións levadas a cabo durante a útima semana desglosadas por departamentos:

SERVIZO MUNICIPAL DE EMERXENCIAS:

– Finalizaron as asistencias ás vivendas de enfermos de COVID-19 por estar xa dados de alta todos os infectados que había en Mos.

– Finalizaron (porque non llo demandan) os traslados ao hospital e consultas médicas, así como pedidos para facer a compra. Reanudaríanse de inmediato en caso de que haxa calquera solicitude.

– Continúan cos labores de desinfección e a semana pasada desinfectaron e ionizaron o Punto Limpo para a súa reapertura o martes 19 de maio.

– Aprecian escasa asistencia de taxistas ao servizo de desinfección de vehículos.

– A partir do vindeiro domingo Protección Civil desactivará o operativo COVID-19 por diminuír as asistencias considerablemente durante a desescalada e ter que incorporarse os voluntarios aos seus respectivos postos de traballo nas súas empresas (se hai días puntuais nos que se precise reforzo deles para tarefas concretas estarán dispoñíbles).

– A semana pasada remataron de repartir o material sanitario de protección doado pola Xunta que había en stock. A técnico de Persoal apunta que na última semana gastáronse 900 mascarillas e suxire que a partir de agora se substitúa o reparto entre locais comerciais por familias usuarias dos Servizos Sociais municipais que teñan necesidade delas e non poidan costealas.

– A xefa das traballadoras sociais municipais indica que para unha familia o custe de mascarillas ao mes supón unha media de máis de 100 euros e que estaría ben abastecer ás familias mosenses con carencia de medios económicos.

– A alcaldesa, Nidia Arévalo, ditamina así facelo e realizar un reparto periódico dunha vez ao mes.

– Entregaránselles ás mesmas familias que reciben alimentos de Mos Axuda que son un total de 120 e 360 persoas.

BENESTAR SOCIAL:

– Esta última semana contaron coa colaboración do coordinador do Servizo Municipal de Emerxencias, Rodrigo Iglesias, e do concelleiro Baldomero Lorenzo.

– A centralita continúa cunha media de entre 25 e 30 chamadas diarias sobre todo relativas ás pensións non contributivas, solicitudes de cita previa presencial, e consultas sobre axudas económicas.

– SAF-Servizo de Axuda no Fogar:

Deron 1 nova alta do Servizo Temporal Extraordinario da Xunta.

E en total teñen 103 usuarios activos.

Teñen un novo expediente en trámite por falecemento dun usuario.

E 3 solicitudes de incremento horario do servizo.

Atenderon 4 consultas telefónicas relativas ao SAF.

E tramitarion 6 incidencias relativas ao SAF.

– Alimentos Mos Axuda: tramitaron 4 novas solicitudes.

Tamén tramitaron 3 solicitudes de respiro familiar, 3 de discapacidade e 3 de axudas familiares.

Reanudaron a atención ao público presencial 2 días por semana mantendo tamén a atención telefónica.

A contratación do/a 4º traballador/a social vai ben: mañá enviarase o listado ao INEM e espera poder finalizarse a semana que ven. Será un posto de reforzo da atención ao público.

POLICÍA LOCAL:

– Información a bares e furanchos.

– Control policial da poboación en xeral sobre o mantemento da distancia de seguridade.

– Destacan que a xente en xeral está cumprindo as normas moi satisfactoriamente.

VÍAS E OBRAS E SERVIZO DE MANTEMENTO DO ENTORNO RURAL E URBANO:

– Continúan desbrozando.

– As zonas máis importantes de paseo están xa limpas.

– Agora continúan polas marxes das estradas.

– A proposta de adxudicación da empresa concesionaria do servizo de limpeza viaria foi hoxe a xunta de goberno local. Mañá espérase asinar o contrato para que o luns poidan comezar a traballar. Aportarán 6 traballadores, 2 furgonetas e toda a maquinaria necesaria para realizar satisfactoriamente o traballo.

FACENDA:

– Realizándose o estudo do impacto económico do COVID-19 nas arcas municipais.

– Contabilizando todo o gasto derivado da crise sanitaria realizado ata o de agora.

– Facendo unha estimación do que se gastará ata decembro e de que partidas do orzamento municipal anual se sacará.

– Pregos dos servizos e subministros municipais para sacar todos os concursos de contratación canto antes.

DEPORTES:

– 1 MONITOR DEPORTIVO TRABALLANDO NO SERVIZO MUNICIPAL DE EMERXENCIAS.

– 1 MONITOR DEPORTIVO CONTROLANDO A ENTRADA NO EDIFICIO DE URBANISMO.

– 2 MONITORES DEPORTIVOS CONFECCIONANDO O BLOG MOS CO DEPORTE.

EDUCACIÓN e EMPREGO:

– Interrompeuse o servizo de fotocopias de tarefas escolares manténdose só para os nenos/as de familias usuarias dos Servizos Sociais municipais.

– O vindeiro martes ás 13h celebrarase unha reunión telemática cos directores dos colexios e garderías.

– As chamadas ás 2.000 empresas de Mos están a piques de rematarse e mañá haberá feito un primeiro resumo do impacto económico do COVID-19 no tecido empresarial mosense.

PERSOAL:

– Os monitores deportivos socorristas pediron unha sala de reunións con WIFI.

– Desde o mércores está operativa na Biblioteca Municipal unha sala para a consulta de expedientes para a cidadanía con cita previa.

– Os 2 novos policías locais recentemente incorporados marchan de xuño ao 11 de xullo á Academia.

– Darase unha formación específica en prevención de riscos polo COVID-19 ao persoal de Vías e Obras e maiores medidas de control.

– As limpadoras xa levan 2 sesións de formación.

PUNTO LIMPO:

– Gran afluencia.

– Colas de ata 8 coches.

– O día de apertura, martes 19 de maio, foron 50 persoas a verquer.

– É obrigatorio o uso de mascarilla para os usuarios.

– Nun día encheuse e mañá valeirarase totalmente.

– Habilitouse un teléfono directo para o punto limpo.

OUTROS TEMAS:

– Hoxe iniciouse a entrega de pantallas infantís.

– AEMOS emprendeu unha campaña de recollida de alimentos para colaborar con Mos Axuda.

– As empresas El Mar, Rodicut e AFAMSA, que xa doaron, van volver a doar.

– Pereira doará: galletas, conservas e peixe.

– A partir do luns Galicia entrará na FASE 2 da desescalada e o sábado Mos fará un anuncio informativo ao respecto: inclúe apertura dos restaurantes ao 40%, reunións ata un máximo de 15 persoas, mobilidade entre provincias e ampliación das actividades culturais.

– O secretario, a técnica de persoal e o xefe da policía local están a asesorar a asociacións, empresas e particulares.

– O contrato da empresa de limpeza está a punto de iniciarse.

A SEMANA QUE VEN:

– Reunión o 26 de maio entre o conselleiro de Economía, o director do IGAPE, o Concello, AEMOS e unhas 80 empresas mosenses (as que están a ter máis problemas).

– Nun prazo dunha semana / 15 días estará o Estudo do Impacto Económico do COVID-19 feito.

– Mañá ás 13 horas reunión tellemática de Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura, coas empresas culturais do municipio.

– Día 28 de maio ás 17 horas reunión telemática sobre turismo – Mesa do Camiño.

– O vindeiro martes ás 13 horas reunión telemática cos directores dos colexios e garderías de Mos.

– Estas reunións repetiranse todos os meses, alomenos durante xuño e xullo.

– As mascarillas infantís FFP2 de Rodavigo seguen retidas.

– O vindeiro luns comezará programación diaria en redes sociais dos departamentos de Participación Cidadá, Cultura, Igualdade; así como desenvolvemento dos programas municipais de non violencia e Tempo de Lecer.