Comisión de Seguemento do Concello de Mos da Evolución do COVID-19

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Esta tarde ás 17.00 horas celebrouse unha nova sesión por videoconferencia da Comisión de Seguemento do Concello de Mos da Evolución do COVID-19. Durante a mesma fíxose:
 
UN REPASO DAS ACTUACIÓNS REALIZADAS A PRESENTE SEMANA:
 
– De voluntariado
– De Mos Axuda
– Do Servizo Municipal de Emerxencias
– Do departamento de Servizos Sociais
– Da Policía Local
– E de labores de desinfección
 
Das medidas adoitadas en materias de:
– Tesourería
– Emprego
– Educación
– Cultura
– E Deporte
 
Dación de conta:
– da compra de material sanitario de protección para traballador@s municipais,
– e do reforzo do soporte informático para mellorar o teletraballo do persoal municipal.
 
PLANIFICACIÓN DE ACCIÓNS PARA A VINDEIRA SEMANA:
 
– Como aumentamos ata 86 o número de familias beneficiarias dos alimentos de Mos Axuda, traballaremos xa na seguinte entrega xestionando a colaboración de empresas de alimentación de Mos e arredores.
 
– Abordar a nova situación do persoal municipal.
 
– Coordinación coa empresa concesionaria do servizo de limpeza:
 
– Deberá realizar un lavado e desinfección pormenorizados de colectores en todo o municipio canto antes.
 
– E cumprir escrupulosamente o prego de condicións do contrato de recollida de lixo.
 
– Ademais o presidente de Protección Civil de Mos, Santiago Iglesias, contactará co Consorcio de Bombeiros de Porriño para realizar unha desinfección intensiva en todas as residencias de maiores de Mos e no Centro das Escravas da Virxe Dolorosa en Petelos.
 
– O coordinador do Servizo Municipal de Emerxencias, Rodrigo Iglesias, procederá a realizar unha reposición completa de mascarillas a todo o persoal en activo.
 
– Continuarase coa ronda diaria de chamadas ás farmacias e aos maiores sós do Concello a través dos programas municipais en activo e coa información a maiores que nos trasladen @s colaborador@s das distintas parroquias.
 
POR ÚLTIMO NOTIFICOUSE QUE DESDE HOXE O CONCELLO DE MOS CONTA CON DOUS AXENTES DE POLICÍA MÁIS (Auxiliares de Policía Local).