Comisión Municipal de Seguemento da Evolución do COVID-19 no Concello de Mos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Esta mañá ás 13 horas a Comisión Municipal de Seguemento da Evolución do COVID-19 no Concello de Mos celebrou a súa 9ª sesión.
Nela a alcaldesa mosense, manifestou que “ata o de agora o máis importante foi o estado de alarma e agora continuamos con ela pero centramos tamén a nosa preocupación en estar preparados para a desescalada”.
Fíxose o habitual repaso da semana por departamentos:
POLÍTICA SOCIAL:
– 3 enfermos de COVID-19 en Mos
– 2 reanudacións máis do Servizo de Axuda no Fogar que as familias interromperan pola crise sanitaria
– 3 solicitudes novas de SAF de reforzo
– Tramitación de 5 RISGAs urxentes
– Continúa a tramitación habitual de Axudas de Emerxencia Social
SERVIZO MUNICIPAL DE EMERXENCIAS E PROTECCIÓN CIVIL:
– Vestir aos traballadores do SAF que acoden a vivendas con infectados de COVID-19
– Adquisición dunha tenda de campaña para vestilos fóra do domicilio e que non se mollen cando chove
– Asistencia a 3 familias de Mos con infectados de COVID-19:
– Seguemento
– Recollida e xestión de basura doméstica
– Compra
– Farmacia
– Plan de traballo en zonas de desinfección con prioridade en:
– Zona Nave Ambulancias Puxeiros
– Centro Escravas Virxe Dolorosa
– Residencias Maiores en Mos (Virxe de Guadalupe, etc.)
– Desinfeccións coordinadas entre Emerxencias de Mos, Urbaser e persoal municipal
– Mascarillas: faltan por repartir 400 das 15.000 que se entregan a domicilio á veciñanza
– Reparto todas as semanas a empresas, comercios de 1ª necesidade abertos (algúns xa manifestan que van conseguindo material e non necesitan) e farmacias (tamén xa reciben material e non precisan ser provistas polo Concello)
POLICÍA LOCAL:
Continúan cos seus controis como sempre sen novidade.
VÍAS E OBRAS E SERVIZOS MUNICIPAIS:
Operativo de 25 persoas na rúa facendo labores de desbroce, limpeza e desinfección (operarios máis limpadoras e conserxes):
– 11 limpadoras
– 2 conserxes
– 1 operario da Piscina Municipal
– 6 operarios de Vías e Obras
– 5 mulleres contratación temporal por subvención ao Concello
Incorporación dunha “zona 4” nas áreas de limpeza e desinfección no municipio: zonas rurais de paseo.
REPASO MASCARILLAS:
Entregadas a empresas e establecementos un total de 4.000 unidades.
DACIÓN DE CONTA: CAMBIO OBRA PLAN CONCELLOS POR 19 TRABALLADORES.
Tratouse das accións a levar a cabo a semana próxima:
SERVIZO AFAGA A DOMICILIO:
A través do convenio co Concello, 2 días por semana, horario que elixan as familias e impresión de tarefas que deberán de enviar por correo electrónico.
8 DE MAIO NOVA ENTREGA DE ALIMENTOS Mos Axuda:
– 1.000 € para leite de AFAMSA
– 1.000 € para tarxetas Eroski e Gadis do Club de Leones
– Conxelados (pescado etc.) de Noribérica
– Carne de Portalconsa e Dicarvi
Todas as facturas de compra dos beneficiarios das tarxetas se revisan escrupulosamente para asegurarse que adquiren productos de 1ª necesidade.
PROTOCOLOS DE PERSOAL E EDIFICIOS MUNICIPAIS:
– Esta semana formación de persoal: Secretaria, Rexistro Xeral, Tesourería, Intervención, Urbanismo, Servizos Sociais, Axencia de Colocación; e instalación de mamparas.
– Semana que ven formación: Policía Local, persoal do Multiusos; e colocación de sistemas de seguridade sanitaria nos edificios municipais.
Estase a cumplir a rajatabla o proceso.
Seremos súper escrupulosos e se non está dispoñible o material de protección o traballador en cuestión non poderá traballar.
A técnico de Persoal estará presencialmente todos os días da semana que ven no Concello para darlle a formación pertinente e necesaria a todos/as concelleiros/as membros do equipo de goberno local.
– Semana que ven: Bando informativo sobre o sistema de atención ao público con cita previa xa que a partir do 11 de maio comezarase a funcionar así.
– “O Concello de Mos informa sobre as fases da desescalada”: irase informando das medidas que se toman e as actividades que se abren. Irase dando conta das distintas fases periódicamente a través da páxina web do Concello e das redes sociais municipais para intentar serlle útil á cidadanía a pesar de que non sexa competencia municipal. A veciñanza poderá tamén chamar aos teléfonos de centraliña, alcaldía e Policía Local para consultar dúbidas.
– Iniciarase un Protocolo de Edificios Municipais. Cales van a:
– Permanecer pechados
– Cales en “semi uso”
– Cales en “uso normal” con condicións especiais: turnos, cita previa, etc.
– Estudio de que facer coas instalacións deportivas municipais: os pabellóns ata a fase 4 da desescalada non poderían abrirse pero aínda non está decidido que facer con eles a partir dese punto. A piscina municipal está xerando gastos innecesarios ao permanecer pechada e no mes de xullo sempre se valeira para a limpeza anual do vaso polo que se estuda se valeirala antes. Sempre primando a seguridade dos veciños.
As piscinas teñen un protocolo con directrices específicas para elas polo que a piscina de verán en San Eleuterio vai ser inviable.
Protocolo específico tamén para o Camiño de Santiago elaborado pola Axencia Turismo de Galicia.
– Elaboración de programacións lúdicas on line de lecer, cultura, deporte… etc.: Letras Galegas, Festa da Rosa, programación xeral…
– Estudo dun posible convenio do Concello coa Xunta de Galicia en materia de Educación relativo a conexión a Internet
– Sevizo de atención temperá: valorar a data de reanudación de atencións individuais.
– Cemiterios:
– Permanecerán pechados ata que remate o estado de alarma.
– Cando remate o estado de alarma anunciarase cando se abren e en que condicións.
– Regularase a entrada e a saída.
– As entradas e os accesos estarán controlados.
– Colexios:
– 11 de maio apertura só para equipo docente, directivo e administrativo para a realización de traballos administrativos. Tamén para desinfección e acondicionamento dos centros.
– Orzamento municipal:
Será revisado pola alcaldesa e a interventora.
Estudo da posibilidade de meter na Liña 1 do Plan Concellos gastos relativos á xestión da crise do COVID-19.
– Contratación empresa de limpeza viaria.
– Mantemento de edificios municipais con persoal municipal: Concello, Pavillóns, Colexios e Escolas Infantís.
– Mantemento de viais municipais.
– Proxecto Único Empresas Veigadaña AEMOS-Doing Business.
– Estudo do Impacto económico do COVID-19 en Mos mediante contacto directo con todas as empresas do municipio.
– Mascarillas infantís 2.000 unidades por correo postal.
– Probas do COVID-19 a domicilio por parte do Centro de Saúde de Mos o martes 5 de maio. O Concello de Mos poñeralle ao médico un vehículo do Servizo Municipal de Emerxencias con conductor que o leve ás vivendas en horario de 8.30 a 13.30 horas.