COMISIÓN MUNICIPAL DE SEGUEMENTO DA EVOLUCIÓN DO COVID-19 NO CONCELLO DE MOS.

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Esta mañá ás 11.00 horas celebrouse por videoconferencia unha nova sesión da Comisión Municipal de Seguemento do COVID-19 no Concello de Mos.

TEMAS E PUNTOS TRATADOS:

– Resumo de actuacións realizadas en Semana Santa por:
– Policía Local
– Servizo Municipal de Emerxencias
– Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos
– Desinfeccións a cargo da empresa concesionaria do Servizo Municipal de Limpeza e Recollida de Lixo

– Nova situación do persoal municipal a partir de mañá:
– Parte da plantilla regresa aos seus postos de traballo:
– 9 operarios máis nas rúas,
– En oficinas reanudación dalgúns postos á súa actividade laboral.
– Para tod@s el@s, e en todos os casos, protección máxima.

Semana que ven, entre o 13 e o 17 de abril:
– Informe xeralizado de cada traballador e de como vai a ser a súa situación a partir destes días:
– Quen comeza a traballar,
– Quen continúa co teletraballo,
– Quen segue a disfrutar do permiso de conciliación… etc.

A partir do 13 de abril será unha situación e a partir do 27 de abril establecerase unha nova situación na que xa se está a traballar desde esta Comisión de Seguemento.

Para elo a partir do 20 de abril realizarase unha limpeza especial e intensiva de todas as dependencias municipais. Preparatoria para a volta progresiva e paulatina á normalidade.
Dúas máquinas de ozono incorporaranse a partir da semana que ven para a desinfección de dependencias e vehículos municipais (unha adquirida polo Concello de Mos e a outra lle foi doada a Protección Civil de Mos).

Tamén se instalarán pantallas nas ventanillas do Rexistro Municipal.

Este luns 13 de abril as empresas concesionarias dos servizos de mantemento do alumeado público e mantemento de parques e xardíns reanudan tamén a súa actividade diaria, coordinadas polos seus respectivos concelleiros responsables: Gonzalo Alonso e Baldomero Lorenzo.

Tamén este luns Policía Local, Garda Civil, Emerxencias de Mos e Protección Civil comezan a repartir mascarillas entre o persoal das empresas da zona de Puxeiros que se incorporan ao traballo de novo e tamén para os usuarios do transporte público que collen o autobús nas paradas de Puxeiros.