Comisión Municipal de Seguemento da evolución do Covid-19

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Esta tarde ás 16.30 horas celebrouse unha nova Comisión Municipal de Seguemento da evolución do Covid-19 no Concello de Mos na que se fixo:

– Un RESUMO de:
– Os traballos de desinfección realizados pola empresa concesionaria do servizo de limpeza e polos operarios municipais.
– O reparto de alimentos e medicamentos por parte de voluntarios ás persoas que non poden saír para mercalos.
– As 392 actuacións realizadas polo Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil do Concello de Mos desde a declaración do estado de alarma.
– O departamento de Benestar Social:

– Conta con 5 persoas teletraballando: 3 técnicos/as e 2 administrativos/as.
– Detectan que sube o número de persoas que precisan das doazóns de alimentos de Mos Axuda.
– Suben as solicitudes para o Servizo de Axuda no Fogar, SAF. Neste senso o Concello adhírese á medida da Xunta de Galicia para dar altas novas con custe cero para os usuarios.
– Nos últimos 3 días o departamento recibiu 73 chamadas para consultar dúbidas.
– Continúan a pleno rendemento: o CIM (Centro de Información á Muller), o Servizo de Teleasistencia e o de Xantar na Casa.

– O Concello de Mos xa realizou o reparto dun total de 2.180 mascarillas.

– Prestou o servizo de impresión de tarefas escolares a 44 familias.

– NOVA COMISIÓN DE SEGUEMENTO O VINDEIRO DOMINGO:
– A Policía Local e o Servizo Municipal de Emerxencias continuarán traballando as 24 horas durante os próximos 4 días.
– Na Comisión do domingo analizarase o comunicado que o Presidente do Goberno faga o sábado sobre se o país continúa en alarma total ou hai determinadas actividades que se poidan reanudar.
– E actuar a este respecto no que concerne aos traballadores muncipais.

– E unha DACIÓN DE CONTA de:
– Os novos programas on line de: animación infantil, cultura, deporte, saúdos de mosenses distinguidos… etc.
– Doazón dunha porcentaxe do soldo da alcaldesa e dos concelleiros/as para a xestión da crise do Covid-19.
– Que a Xunta habilitou unha zona para a desinfección con ozono dos vehículos municipais.
– Preparación dunha 3ª entrega de alimentos de Mos Axuda e xestión da recadación de comestibles en empresas alimenticias de Mos e a comarca.