Comisión Municipal de Seguimento do Covid-19

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Hoxe ás 10.00 horas reuniuse por videoconferencia, a Comisión Municipal de Seguimento do Covid-19.

Nela dáse conta da prórroga do estado de alarma estatal e das medidas municipais ao respecto.

Seguimento do plan de desescalada estatal.

Se explican as medidas que máis afectan a nivel municipal. Se indica que se vai facer un control da apertura das terrazas nas cafeterías dos centros sociais.

Seguimento das actuacións levadas a cabo e programación da vindeira semana:

– Servizos do SAF e servizos sociais:

Dáse conta de todas as incidencias.DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS:

Media chamadas diarias: 25 a 30

SAF TEMPORAL EXTRAORDINARIO: nova alta: 1 = TOTAL ACTIVOS 17

SAF DEPENDENCIA E BÁSICO: REANUDACIÓNS SOLICITADAS 3 = TOTAL ACTIVOS 99

EXPEDIENTES EN SUSPENSIÓN = 23

INFORMACIONS TELEFONICAS: 30

PROGRAMA DE ALIMENTOS: 7
EMERXENCIA CONCELLO: 3
INFORMACIÓN DEPENDENCIA: 6
INFORMACIÓNS RESPIRO: 2
INFORMACIÓN BONO SOCIAL: 2
INFORMACIÓN BONIFICACIÓNS CONCELLO: 2
INFORMACIÓN INSS: 2
CONSULTAS SAF: 6

TRÁMITES E INCIDENCIAS DE EXPEDIENTES: 30

RISGA INCIDENCIAS 9
EMERXENCIA CONCELLO -3
DEPENDENCIA – 9
VALORACIÓN DISCAPACIDADE -3

PNC -2
AXUDAS TÉCNICAS: 2
XANTAR NA CASA INFORME -1
INFORME PARA CONCIIACIÓN FAMILIAR – 1

PSICÓLOGA

SEGUEMENTO E ATENCIÓN ÁS FAMILIAS DO PEF: 2
ASESORAMENTO E APOIO PSICOLOXICO A FAMILIAS EN INTERVENCIÓN: 2
ASESORAMENTO E APOIO PSICOLOXICO FAMILIAS EN INTERVENCIÓN DENDE O ESTADO DE ALARMA: 2

DIRECCIÓN DO CIM
Atención telefónica da secretaria Xeral de igualdade: 3

– Protección civil e emerxencias:

Se fai un resumo sobre os traballos realizados con 850 actuacións ata o momento.

– Traballos de limpeza e desinfeccións:

Dáse conta de todos os traballos realizados pola empresa Urbaser e dos traballadores municipais en todas as Zonas incluíndo xa as novas zonas de beirarrúas e paseos.
Se comenta a posibilidade que se poda realizar unha limpeza no punto limpo e que xa se están realizando labores de vaciado.

En canto aos traballos de Urbaser dáse conta das incidencias semanais de vertidos que foron resoltas e as labores realizadas.

– Servizo dos empregados públicos:

Se explica a reincorporación. Se comunica que o luns día 11 por parte do servizo de prevención de riscos laborais se validaron ás instalacións para a súa apertura aos traballadores municipais que precisen realizar funcións esenciais que no podan realizar telematicamente así como atención restrinxida ao público mediante cita previa e para trámites urxente e imprescindibles que non se podan realizar telematicamente. Se comenta que por parte da Alcaldía se realizou unha visita aos edificios municipais abertos nesta primeira fase.

Se indica tamén o persoal destinado a desinfeccións e a nova reorganización dos conserxes tendo en conta a reapertura dos colexios e a vindeira reapertura de garderías o vindeiro día 18 de maio e que se farán limpezas e desinfeccións.

– Actuacións da policía local:

Se explican as actuacións levadas a cabo. Se indica que se está a facer o control das medidas da fase I sen incidentes a destacar. Se comenta tamén que se está a seguir un control das reunións e aglomeracións así como da reapertura das terrazas e dos cemiterios.

– Actuacións en materia presupostaria:

Dáse conta da reunión do martes 12 entre a Alcaldesa, o Concelleiro de Facenda, o secretario, interventora e xefa das traballadoras sociais municipais para tratar dos gastos derivados da xestión da crise do COVID-19 a nivel local e abordar o tema das subvencións aos distintos colectivos municipais.
Se indica que están actualizando unha serie de taxas, e un estudo do IBI e IAE así como que se vai instalar o pago por medio de tarxeta vía telemática.

– Outras iniciativas:

Dáse conta do funcionamento das iniciativas postas xa en marcha.

Seguimento do servizo de atención aos infectados polo do Covid-19.

Dáse conta das actuacións e incidencias relativas ao servizo e número de infectados atendidos.
Dáse conta da atención a dúas personas con Covid-19.

Por parte da Presidencia se explican as actuacións levadas a cabo:

– Se retomaron os concursos de todos os contratos de servizos e subministros que se interromperan pola crise do COVID-19 e que son de interese xeral e esenciais.
– Apertura das escolas infantís o vindeiro luns 18 para realizar prescricións de novos alumnos.
– Dáse conta que a Escola de Música e o Conservatorio Profesional de Torroso abriu o prazo para solicitudes de novo alumnado no vindeiro curso.
– Dáse conta da recollida da doazón da empresa Neonarte de pantallas faciais de protección individual para Asodifisi e Asomamos.
– Dáse conta do reparto a 100 familias de axuda alimentaria a través do programa Mos Axuda coas doazóns de AFAMSA, El Mar, Noribérica, Rodicut, Club de Leones e Montiño-Dicarvi.
– Dáse conta das reunións telemáticas realizadas cos colectivos culturais e asociacións de veciños con locais sociais.
– Dáse conta da reunión das ANPAS e da Mesa do Camiño que están pendentes de que se realicen.
– Se indica que a vindeira semana se rematará o estudo sobre os autónomos e pymes para ver en que situación se atopan.
– Dáse conta das actividades das Letras Galegas on line.
– Dáse conta do remate das tarefas de impresión de deberes xa que xa abriron as copisterías.
– Dáse conta de que se está vaciando a piscina municipal xa que se suspenden as actividades nesas instalacións.
– Se indica que se están estudando novas iniciativas culturais e deportivas unha vez que remate o luto oficial así como outras iniciativas para redes sociais que se podan realizar durante o loito.
– Se indica que se fará un seguimento das actividades que poidan ir organizando as asociacións para explicar de qué maneira se pode facer e en qué momento.