Concerto benéfico en solidariedade co Pobo Saharaui

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

O I Festival de Corais Infantís Solidario co Pobo Saharaui celebrarase o domingo no Auditorio do Centro Dotacional de Torroso

 

O Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso acolle o I Festival de Corais Infantís Solidario co Pobo Saharaui que organiza a Asociación Galega co Pobo Saharaui coa colaboración da Comunidade de Montes de Torroso e o Concello de Mos. Terá lugar o domingo 1 de marzo ás 17.30 horas con entradas ao simbólico prezo de 3 euros.

Actuarán o Coro Infantil Setestrelo da Escola de Música de Mos, a Compañía Musical Mayeusis de Vigo, o Coro Infantil Cantemos de Ponteareas, e o Coro Infantil da Agrupación Musical do Rosal.