Concerto da Banda Xuvenil de Torroso dirixida polo director convidado Javier Alonso

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Será o vindeiro domingo 16 de setembro ás 18:00 horas no Centro Dotacional da parroquia

O Auditorio do Centro Dotacional de Torroso acolle o vindeiro domingo 16 de setembro ás 18:00 horas da tarde un concerto da Banda Xuvenil de Torroso que será dirixida polo director convidado Javier Alonso.

Javier Alonso é violonchelista e actual director da Banda de Música de Sanxenxo. Ademais atópase ampliando os seus estudos da master en dirección, co mestre Jan Cober, no conservatorio de Maastricht, Holanda.