Concerto de Corais de Nadal en Cela

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

O Centro Cultural Celado será esceario do evento musical mañá ás cinco da tarde

 

O Centro Cultural Celado de Cela acolle o seu tradicional Concerto de Nadal de Corais que se celebrará mañá mércores 6 de decembro a partir das 17.00 horas da tarde.

Participarán neste concerto as agrupacións corais Ponte das Febres de Ribadelouro, o Piñeiral de Chapela e a coral anfitriona, Novas Voces de Cela.

A entrada ao certame é totalmente libre e de balde.