Concerto de corais na Casa Cultural de Cela

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Celebrarase o domingo 2 de decembro ás 17.30 horas

A Asociación de Veciños Celado, da parroquia de Cela, organiza o seu tradicional concerto de corais que terá lugar o domingo, día 2 de decembro, na Casa Cultural de Cela, a partir das 17.30 horas da tarde.

Durante o evento musical contarase coas actuacións da Coral do Centro Sociocomunitario de Marín, da Coral Orfeón de Asomamos (Asociación de Maiores e Pensionistas de Mos), e da Coral Novas Voces de Cela.