Concerto de O Son dos Cantares de Mos, en Lugo

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Será o vindeiro 9 de novembro, no XIV Encontro de Corais Camiño de Santiago

A Igrexa de San Pedro, da cidade de Lugo, acollerá o vindeiro 9 de novembro, ás 20.00 horas, a participación da Coral mosense O Son dos Cantares dentro do XIV Encontro de Corais Camiño de Santiago.

A coral mosense compartirá esceario con dúas agrupacións lucenses, o Orfeón Xoán Montes e a anfitriona ‘Coral Amigos del Camino de Santiago’.