Concerto de O Son dos Cantares en Ferrol

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Será o vindeiro 23 de novembro, no “XL Aniversario da AVV Castelao de Brión” 

 

A Sede Social da A.V.V. Castelao de Brión (Ferrol), acollerá o vindeiro 23 de novembro, ás 19.00 horas, a participación da coral mosense O Son dos Cantares, dentro dos actos conmemorativos do seu XL Aniversario.

A coral mosense compartirá esceario con dúas agrupacións ferroláns, o Grupo Flocórico Lembranzas do Condado e a Coral Alecrín de Brión.