Concerto do “Coro Apóstol Santiago” en Torroso

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Baixo a dirección do mestre Lituano Rimas Zdanavicius

O vindeiro sábado 25 de maio ás 19:00 horas o auditorio do Centro Dotacional de Torroso acollerá o Concerto “Coro Apóstol Santiago”. Dirixido polo mestre Lituano Rimas Zdanavicius, que conta con numerosos premios e recoñecementos nos seus 25 anos de traxectoria. O seu repertorio ofrece unha gran variedade de obras en diferentes idiomas e estilos. O acceso ó auditorio será de balde ata completar aforamento.