Concerto gratuíto de Nadal no Multiusos co grupo Pedraquetiña

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Será o vindeiro domingo, día 29 de decembro, ás 20.00 horas

 

A concelleira de Cultura mosense, Sara Cebreiro, lembrou esta mañá que, dentro da programación para este Nadal, terá lugar o vindeiro domingo, día 29 de decembro, ás 20.00 horas no Multiusos das Pozas, na parroquia de Petelos, o concerto –con entrada totalmente gratuíta- do grupo Pedraquetiña; “evento musical que representa unha das actividades estrela do programa navideño deste ano”, declarou a edil.

 

Trátase dun grupo tradicional que decidiu tomar como nome propio o dun lugar máxico que existe no alto dun monte que se atopa no Concello de Mondariz, no norte da parroquia de Toutón.

 

Co traballo que van presentar os integrantes de Pedraquetiña o día 29 no Multiusos, estes queren facer “un pequeno agasallo a todas aquelas persoas que senten a música tradicional como o mellor medio de convivencia e divertimento, así coma axuda para manter viva a inquedanza pola nosa cultura musical”.