Consulta do censo electoral para as Eleccións ao Parlamento de Galicia do 05 de abril de 2020

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Segúndo escrito remitido pola Oficina do Censo Electoral, e en cumprimento do establecido no artigo 39.2 da Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral General, ponse a disposición dos veciños do Concello de Mos, o servizo de consulta do censo electoral vixente para que poidan ser consultadas dende o 17 ata o 24 de febreiro.

 

A consulta realizarase mediante medios informáticos e para

acceder aos seus datos, poderán facelo no departamento do Padrón de habitantes do Concello de Mos, previa identificación do interesado a través do DNI, pasaporte ou permiso de conducir, en horario de luns a venres de 9.00 a 14.00 h.