Contacontos e intercambio de exemplares para celebrar o Día do Libro

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Diferentes contacontos entreteñen ós mosenses máis pequenos na Biblioteca Municipal e nos seus propios centros educativos

 

As concelleiras de Cultura e Educación, Sara Cebreiro e Kely Monzón, respectivamente, informaron da programación conxuntamente organizada con motivo do Día do Libro que se celebra hoxe.

 

O programa de actividades conta cun intercambio de libros na Biblioteca Municipal, que comenzou onte e se prolongará ata o vindeiro sábado, día 27 de abril; e que consiste en que os interesados en participar poden levar en propiedade un libro doado por outra persoa a cambio de deixar no sitio outro volume que á súa vez poderá pasar a mans doutro beneficiario, sempre e cando aporte un título no seu lugar; e así sucesivamente.

 

Por outra banda, hoxe comenzan as visitas de alumnos dos colexios de Mos á Biblioteca, onde presenciarán o contacontos ‘O avó é un contista’ á cargo das integrantes do Obradoiro de Teatro na Igualdade e a súa profesora e directora, Chelo Pampillón. Os nenos e nenas dos centros educativos de Primaria do municipio recibirán tamén a visita dun contacontos ós seus respectivos colexios.

 

E para rematar coa programación do Día do Libro o ‘Contacontos de libros contentos’ de Carmen Domech chegará á Biblioteca Municipal, na Porteliña-Petelos, o sábado 27 de abril ás 11.00 horas da mañá.

 

As concelleiras responsables destas iniciativas declararon sobre as mesmas que “os seus obxectivos son o fomento da lectura, así coma inculcar entre os máis cativos que os libros poden ser moi divertidos e, sobre todo, unha fonte de imaxinación e sabedoría”.