Convocatoria ós medios da presentación do novo portal web do Concello de Mos
Pola presente convócase ós medios de comunicación á presentación do novo portal web do Concello de Mos, ó que xa se pode acceder a través de www.mos.es
A páxina web do Concello mellorouse en paralelo á creación do espazo web específico da Área de Emprego, financiado a través das axudas Leader, que subvencionaron o proxecto “Centro de Dinamización e Innovación Tecnolóxica” (CDiT-MOS).
O acto de presentación da web terá lugar mañán, venres día 30 de novembro, ás 20.00 horas no CDL –Centro de Desenvolvemento Local- mosense. No evento estarán presentes, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Formación e Emprego, Facenda e Patrimonio, responsable do CDL e tenente alcalde mosense, Óscar Soto, os demais edís membros do equipo de goberno e os integrantes do equipo técnico encargado do deseño e programación do novo portal.
Sen máis, agradecendo de antemán a súa asistencia, reciban un cordial saúdo.