Convocatoria ós medios: Inauguración tenda AKÍ-Mos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Pola presente convócase ós medios de comunicación á inauguración da tenda AKÍ que abre as súas portas no municipio mosense. O acto celebrarase nas instalacións do novo establecemento, situado en Ameirolongo, parroquia de Sanguiñeda, (Estrada Nacional 550, quilómetro 115,50, Concello de Mos).

Esta inauguración oficial terá lugar mañán, mércores 28 de novembro, ás 13.00 horas. Ao acto asistirá a alcaldesa do Concello de Mos, dona Nidia Mª Arévalo Gómez, acompañada do equipo de goberno local, do xefe territorial de Economía e Industria na provincia de Pontevedra, don Ignacio Rial Santomé, do Director Xeral de AKÍ España, Frédéric Capdeville, o Director Rexional da zona, Javier Martínez, e mais o Director de AKÍ Mos, Iban Rama; entre outras autoridades.

Os clientes poderán acceder a AKÍ Mos a partir do xoves, 29 de novembro.

IMPORTANTE: RÓGASE CONFIRMACIÓN DE ASISTENCIA Á INAUGURACIÓN A TRAVÉS DESTE MESMO ENDEREZO DE CORREO ELECTRÓNICO OU NO TELÉFONO 667 16 85 16.