Convocatoria ó Pleno do Concello de Mos
I. Pola presente convócase ós medios de comunicación ó Pleno do Concello de Mos, á sesión ordinaria deste, que terá lugar o vindeiro día 29 de novembro de 2012, xoves, no Salón de Actos do Pazo de Mos, ás 19:00 horas, en primeira convocatoria.
II. A ORDE DO DÍA será a seguinte:
- Aprobación borradores actas sesións anteriores (25 de outubro e 09 de novembro de 2012).
- Modificacións na Relación de postos de traballo.
- Aprobación proposta de modificación sobre o “Regulamento de Axudas de Emerxencia Social Municipal do Concello de Mos”.
- Aprobación definitiva dos Estatutos do Consorcio para xestión do ciclo urbano da auga do Louro.
- Orzamento 2013.
- Declaración non dispoñibilidade de créditos derivados da supresión da paga extraordinaria.
- Recoñecemento extraxudicial de crédito nº 09/12.
- Rectificación do inventario municipal para a inclusión de diversos bens mobles.
- Cesión do dereito de arrendamento de parcela municipal de Carplas, S.A. a favor de Diquel Sistemas, S.L.
- Modificación do contrato de cesión de dereito de superficie a favor da empresa Tráfico, Transportes e Aduanas, S.A.
- Resolucións alcaldía.
- Comunicacións da alcaldía.
- Rogos e preguntas.