Cribado masivo a partir do luns en Mos para valorar a situación tras as festas do Nadal

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

O obxectivo desta medida adoitada polo Sergas é a busca de posibles portadores asintomáticos cun único fin preventivo

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informa de que desde a Consellería de Sanidade veñen de comunicarlle que, co fin de valorar a situación do Concello de Mos, unha vez finalizadas as festas do Nadal, plantéxase facer un estudo en busca de posibles portadores asintomáticos da COVID-19 cun único fin preventivo, tal e como se veñen tamén facendo noutros Concellos da Área Sanitaria.

 

Este cribado comezará a realizarse o vindeiro luns, 11 de xaneiro, pero as chamadas para as citación empezarán a facerse xa a partires de mañá, sábado 9 de xaneiro.

 

O Sergas vai convidar deste xeito a realizase a proba PCR a 3.000 veciños de Mos, cifra que ven establecida en función do número de habitantes e da incidencia do virus en cada municipio.