Curso de atención sociosanitaria no fogar na Axencia de Colocación de Mos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

O vindeiro mércores 15 de maio abrirase o prazo de inscrición

Desde o Concello de Mos ofértase un curso de atención sociosanitaria no fogar que se impartirá nas instalacións da Axencia de Colocación os martes e xoves pola tarde.

O horario das clases teóricas será pola tarde de 16:30 horas a 20:30 horas e o das clases prácticas será de mañá.

Trátase dunha acción formativa totalmente gratuíta e poden participar todas as persoas maiores de 18 anos, sexan ou non do Concello de Mos, tendo preferencia as empadroadas no Concello.

O prazo inscrición comezará o vindeiro mércores 15 de maio e rematará o 22 de maio. Os interesados deberán inscribirse no Rexistro do Concello ou na Axencia de Colocación do Concello de Mos (antigo CDL).

Realizarase unha entrevista individual ás persoas que soliciten a participación no curso, como criterio de selección.

A lista de admitidos/as publicarase o 24 de maio na Axencia de Colocación e nas oficinas de Servizos Sociais.

O número de prazas dispoñible é de 15 por grupo por rigorosa orden de entrada no Rexistro Xeral do Concello.

O curso terá unha duración de 140 horas (40 horas de teoría e 100 de prácticas). Para acadar o diploma correspondente, os/as participantes deberán realizar o 80 por cento das horas determinadas.