Curso de oratoria no CDL de Mos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Prazo de inscrición do 22 de setembro ó 4 de outubro

A concellería de Participación Cidadá mosense que dirixe a edil Kely Monzón informa da organización en Mos dun curso gratuíto de oratoria a través do Programa Activa da Xunta de Galicia polo que a administración autonómica oferta ós Concellos diversos cursos, entre eles este concedido ó Concello de Mos. O curso foi concedido á OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) de Mos pola Xunta a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da consellería de Traballo e Benestar e vai dirixido a menores de 35 anos.

Ademais este curso marca o inicio dos distintos obradoiros que dende a OMIX se ofertarán para a xuventude, todos eles co mesmo obxectivo de mellorar o perfil laboral para a búsqueda de emprego.

O curso denomínase “Comunícate” e o prazo de inscrición para participar nel ábrese o vindeiro sábado, 22 de setembro. Dito prazo rematará o día 4 de outubro e as persoas que acudan a inscribirse ó Rexistro do Concello de Mos deberán de ser maiores de 18 anos, preferentemente empadroados no municipio mosense, e terán que aportar, xunto coa súa solicitude, unha fotocopia do DNI.

A lista de admitidos no curso publicarase o 5 de outubro e as clases do mesmo impartiranse o sábado 6 de outubro en horario de 11.00 horas a 13.00 horas no CDL, Centro de Desenvilvemento Local, de Mos.

Segundo explicou Kely Monzón “este curso está especialmente indicado para persoas ás que lles custa falar en público, que precisan saber como redactar un discurso, ou que queren preparase para exames orais ou oposicións, etc.”.

Quen desexe obter máis información sobre esta acción formativa pode dirixirse á concellería de Participación Cidadá a través do teléfono 986 33 94 04.