Curso para sacarlle o máximo partido ao móbil na Axencia de Colocación

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 7 de febreiro e impartirase do 10 de febreiro ao 13 de abril

 

O Concello de Mos organiza un curso de formación en novas tecnoloxías titulado “Sácalle partido ao teu móbil” para o que se atopa aberto o prazo de inscrición, que rematará o vindeiro 7 de febreiro. A inscrición pode formalizarse no Rexistro Xeral do Concello, na Axencia de Colocación e a través da sede electrónica do Concello de Mos.

 

O curso impartirase na Axencia de Colocación de Mos coa colaboración de Voluntariado Dixital (Amtega) todos os luns de 19:00 a 21:00 horas. Comezará o 10 de febreiro e rematará o 13 de abril.