Cursos de iniciación e perfeccionamento de inglés no CDL de Mos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

O prazo de inscrición remata o 8 de outubro

 

A concelleira de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón, informou hoxe da organización dun curso de iniciación e nivel B1 de inglés que se impartirá de outubro de 2013 a maio de 2014.

 

Sobre esta acción formativa a edil considera que “é unha maneira de que os mosenses poidan perfeccionar o idioma estranxeiro máis empregado e beneficiarse deste aprendizaxe para o que máis  precisen, sexa para aplicar nun posto de traballo que o demande, sexa para preparar unha proba da escola oficial de idiomas ou  simplemente polo interese que ten xa de por si  aprender un idioma novo”.

 

A frecuencia das clases será de dous días semanais por grupo cunha duración de cada clase de 90 minutos, o que veñen a sumar unha carga lectiva de 12 horas mensuais por cada grupo.

 

Para levar a cabo estas actividades habilitaranse os locais públicos necesarios e imprescindibles do Concello, neste caso será no CDL.

 

Os obxectivos deste cursos son promover  novas posibilidades de formación e laborais as  persoas de mos a través do idioma  e axudándolle na preparación das probas de nivel do idioma, complementar o currículo dos veciños de Mos abrindo  as posibilidades laborais dos mosenses co aprendizaxe do idioma, iniciar aos mosense no aprendizaxe do inglés, perfeccionar os coñecemento dos mosenses do  inglés, ofertar á xente de Mos a posibilidade de aprender un idioma novo preto do seu domicilio e sen ter que ir a outros municipios e axudar a aquelas persoas que queiran preparar calquera proba dunha escola oficial de idiomas (Niveis A1, A2,  B1 , B2, C1, C2).

 

Os beneficiarios directos deste programa serán  tódolos mosenses interesados na aprendizaxe do idioma maiores de 16 anos, que teñan que preparar unha proba de idioma, que queiran aprender un idioma estranxeiro, e indirectamente os xoves e persoas doutros municipios que estean interesados nesta programación. Teñen preferencia os empadroados en Mos.

 

Os interesados en inscribirse neste curso deben presentar a solicitude cuberta e asinada xuntando fotocopia do  DNI e fotocopia do título esixido para poder participar. O prazo de inscrición na actividade será dende o  23 de setembro ó 8 de outubro. As prazas serán adxudicadas por orde de entrada da solicitude no Rexistro do Concello. A publicación da lista de admitidos será o 9 de otubro.

 

O curso comezará o 14 de outubro no CDL e dividirase en dous grupos: o grupo 1 que terá clases de iniciación os martes e xoves 19:30 a 21:00 horas, e o grupo 2 que terá clases de nivel B1 os luns e mércores 19:30 a 21:00 horas. O grupo 1 terá como obxectivo a iniciación e poderá asistir calquer veciño/a cun nivel no idioma básico. O grupo 2 terá como obxectivo o aprendizaxe intermedio ou perfeccionamento e estará destinado a aquelas persoas que teñen uns coñecementos básicos e queren amplialos ou perfeccionalos. O prezo da mensualidade será de 20 euros por cada alumno/a.