Dan comezo as obras de acondicionamento do acceso este á Igrexa de Cela

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Con este proxecto rematarase a mellora integral deste contorno da parroquia

 

A alcaldesa de Mos xunto cos edís de Vías e Obras, Alberto Méndez, de Urbanismo, Julia Loureiro, de Saneamento e Abastecemento, Camilo Augusto, os concelleiros Cándido Pérez e Luis Alonso, e varios membros da directiva da Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva Celado, da parroquia de Cela, visitou as recentemente iniciadas obras de acondicionamento do acceso este á Igrexa de San Pedro de Cela.

 

Ditos traballos estanse a acometer gracias a unha subvención concedida ó Concello de Mos pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. Ademais este proxecto está cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, Feader.

 

O acondicionamento do acceso este á Igrexa de San Pedro de Cela ten un orzamento de 76.000 euros e consiste en habilitar un itinerario peonil no contorno do cemiterio e de dita igrexa. Con elo preténdese restituír a senda-camiño utilizada dende moi antigo e que a día de hoxe atopábase en desuso, pero conservando aínda restos en pedra da antiga escaleira que formaba parte do itinerario.

 

Este proxecto de acondicionamento do acceso este á Igrexa da Parroquia de Cela conta cunha superficie total de actuación de aproximadamente 300 metros cadrados e supón a continuidade da primeira fase das escaleiras de acceso á Igrexa que fai poucos anos acometera a Deputación de Pontevedra. Agora, con este novo proxecto, levarase a cabo a segunda fase quedando totalmente rematada a mellora do acceso a este lugar de Cela.

 

Gracias a esta mellora, o parque que se atopa entre a igrexa e o edificio da Asociación Celado tamén se verá beneficiado, xa que agora dende a parte baixa do mesmo únicamente se pode acceder mediante unhas escaleiras de madeira; sen embargo, tras a actuación, o parque disporá doutro acceso á súa parte baixa moito máis cómodo e seguro.

 

Unha vez rematada a obra, o contorno será dotado do mobiliario urbán preciso entre o que se atoparán papeleiras, varandas, iluminación, etc; así coma do axardinamento pertinente a base de sebes vexetais.