Décima Comisión de Seguemento da Evolución do COVID-19 no Concello de Mos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Esta tarde ás 16.00 horas cebrouse a décima Comisión de Seguemento da Evolución do COVID-19 no Concello de Mos.

Ao comezo da mesma a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, informou de que se elaborará a primeira parte da memoria do COVID-19 en Mos que inclúa todas as accións levadas a cabo no municipio desde o 13 de marzo ata o 11 de maio; e deu conta do loito oficial en Mos durante todo o mes de maio que foi decretado tamén pola Xunta de Galicia, así como da prórroga do estado de alarma e das medidas que isto implica.

Continuouse co habitual resumo das tarefas realizadas durante a última semana:

BENESTAR SOCIAL:

– Atención telefónica: media de 30 chamadas diarias.

– SAF:

Altas de reforzo: 17.

Tramitados un total de 14 expedientes completos de SAF extraordinario (a data de caducidade será ao remate do crédito dispoñible).

6 familias que interromperan o servizo temporalmente polo COVID-19 reanudárono.

82 usuarios/as en SAF por Dependencia.

– Na última semana atendéronse 37 chamadas solicitando información telefónica.

– E outras 5 chamadas derivadas de Asociacións, Centros de Día ou do Teléfono Social da Xunta de Galicia.

– Trámites:

4 solicitudes de axuda de alimentos.

1 solicitude de incremento de horas do SAF.

7 intervencións familiares.

5 derivacións ao INEM.

2 solicitudes de dependencia.

1 solicitude de mobilidade.

1 solicitude de discapacidade.

3 solicitudes de RISGA.

– O programa de reparto de alimentos de Mos Axuda incrementouse pasando de 73 a 100 familias beneficiarias.

– Atención familiar:

5 asistencias de educación familiar.

10 asistencias de apoio psicolóxico.

– 10 asuntos derivados do Instituto.

– O Servizo de Teleasistencia séguese prestando de igual modo e co mesmo número de usuarios/as.

– Xantar na Casa: 8 usuarios/as.

– Contratación nova traballadora social: proceso extraordinario. A vindeira semana remataranse os trámites burocráticos previos á contratación.

SERVIZO MUNICIPAL DE EMERXENCIAS E PROTECCIÓN CIVIL DE MOS:

Non hai novos infectados polo COVID-19 en Mos.

Asistencia a 2 vivendas con enfermos de COVID-19.

Traslados a consultas médicas de enfermos doutras patoloxías (algúns).

Servizo de limpeza e desinfección de taxis: ofrécenselles tamén aos taxistas mascarillas para a pasaxe.

Desinfeccións de:

– Residencias Maiores.

– Base de ambulancias.

– Centro das Escravas da Virxe Dolorosa.

– Atención de chamadas telefónicas.

– Continuidade dos servizos prestados desde o inicio da crise sanitaria.

– Luns 4 de maio: colaboración coa Garda Civil e a Policía Local no reparto de mascarillas remitidas polo Ministerio para poboación en tránsito cara ao seu posto de traballo.

– Mañá venres 8 de maio farán a entrega semanal de mascarillas da Xunta aos locais comerciais de 1ª necesidade abertos ao público.

DESINFECCIÓNS:

– A empresa Urbaser continúa a desinfectar as mesmas zonas e a maiores algunha máis que se lle pediu.

– Desbroce de beirarrúas nas parroquias.

– Limpeza de maleza en camiños e zonas verdes.

– Continúan as desinfeccións programadas: Urbaser coordinada co persoal municipal. Zonas de actuación: 1, 2, 3 e 4.

– Tamén se están a desinfectar bancos e pasamáns na vía pública.

– O Servizo Municipal de Emerxencias do Concello de Mos colabora cos labores de desinfección.

A POLICÍA LOCAL PASARÁ POLO PASEO DO LOURO E OUTRAS ZONAS DE PASEO DO MUNICIPIO PARA CONTROLAR QUE NON SE PRODUZAN AGLOMERACIÓNS E NON SE FORMEN GRUPOS DE PERSOAS E BICICLETAS.

MAÑÁ venres 8 de maio REALIZARASE UNHA NOVA ENTREGA DE ALIMENTOS DE MOS AXUDA PARA AS FAMILIAS DE SERVIZOS SOCIAIS DE MOS:

– 100 familias beneficiarias.

– AFAMSA doa 1.000 euros en leite.

– El Mar 500 Kg de conxelados.

– Noribérica 500 Kg de peixe conxelado.

– Rodicut 3 caixas de alimentos doados polos seus propios traballadores/as.

– Montiño-Dicarvi 500 Kg de lacón e pavo.

– Club de Leones 1.000 euros en tarxetas para compra en Eroski e Gadis.

FACENDA:

A semana que ven (mércores 13 ás 10h) reuniranse a alcaldesa, o concelleiro de Facenda, o secretario, interventora e xefa das traballadoras sociais municipais para tratar dos gastos derivados da xestión da crise do COVID-19 a nivel local, abordar o tema das subvencións… etc.

PERSOAL:

– Incorporouse unha traballadora do Multiusos que estaba de baixa.

– 1 monitor da Piscina Municipal será o encargado do control de acceso nos edificios municipais abertos ao público a partir do 11 de maio.

– 7 limpadoras estanse encargando dos labores de limpeza nos edificios municipais.

– A partir da semana que ven farase a limpeza nos colexios de Mos en horario de mañá mentres están os pais nos centros realizando os trámites de admisión para ir desinfectando constantemente dada a entrada e saída de persoas.

– Total de 26 traballadores/as en Vías e Obras nestes momentos.

– 1 monitor da Piscina Municipal incorporado ao Servizo Municipal de Emerxencias Temporalmente.

– 2 conserxes atópanse adecentando os frentes dos colexios de cara á apertura dos centros o vindeiro luns 11 de maio.

– Luns 4 de maio a técnica de persoal visita a nave de Vías e Obras para darlles formación de limpeza de mans aos operarios cando chegan e cando se van e para habilitarlles un lugar para desfeitar guantes e mascarillas. Tamén visita dependencias da Policía Local para cambios en materia de prevención de riscos laborais relativos ao COVID-19.

– Martes 5 de maio: formación ao persoal de Urbanismo e do CIM.

– Mércores 6 de maio: decídese que 1 monitor da Piscina Municipal será o encargado do control de acceso nos edificios municipais abertos ao público a partir do 11 de maio.

– Xoves 7 de maio: colocación de material para prevención de riscos laborais sobre o COVID-19 en Concello, Multiusos, Servizos Sociais e Urbanismo.

SEMANA QUE VEN:

Luns 11 de maio apertura ao público:

– Reparto de mascarillas entre a xente que se dirixa ao Concello.

– Control de acceso para que non pase ninguén sen cita previa.

– A entrada do persoal municipal será pola porta lateral e farase control de temperatura á entrada.

– Todos os postos de traballo terán unha marca no chan para que ninguén se achegue máis que a 2 metros de distancia de cada traballador/a.

– Para o público haberá 2 colas de entrada: 1 para citas previas e 1 para recollida de documentación.

– O público accederá pola porta principal do Concello, onde haberá unha alfombra desinfectante.

– Se algún veciño/a chega sen mascarilla ofreceráselle.

– A saída do público será pola parte traseira. Non poderá entrar ninguén por ahí agás o público con algunha discapacidade por mobilidade reducida.

– Os baños do piso de abaixo do Concello permanecerán pechados.

– Mañá venres 8 de maio a alcaldesa e a técnico de Persoal reuniranse para facer un repaso de todas estas medidas de cara ao vindeiro luns 11 de maio.

Cemiterios:

– Abertos desde o luns 11 de maio.

– Recomendación de non aglomeracións.

– Control policial.

– Terase sensibilidade coa poboación pero mantendo o orde.

– A Policía Local levará mascarillas para repartir entre a veciñanza presente nos cemiterios a partir do luns.

Empresas:

– A Policía Local resolverá as dúbidas de bares e cafeterías sobre a desescalada.

– Amplíase 1 mes máis a apertura dos furanchos: ata o 31 de xullo rexíndose polas fases da desescalada da hostelería. Na fase 1 só terrazas ao 50% de ocupación.

Hoxe inícianse as reunións telemáticas cos colectivos do Concello:

– Deportivos

– Comisións de Festas de maio e xuño

– Culturais

– Locais parroquiais

– Camiño de Santiago: coa Xunta de Galicia e membros da Mesa Local do Camiño

– Presentes membros do equipo de goberno local, técnico de Persoal, secretario municipal, interventora municipal (para temas de subvencións etc.)

Os eventos municipais organizados polo Concello de Mos máis próximos non se van a celebrar.

Colexios:

– Prazo de admisión de novos alumnos do 11 ao 18 de maio.

– Subministraránselles mascarillas por si os pais e nais de alumnos/as acuden sin ela (aos 5 colexios públicos e ao IES).

– Limpadoras e conserxes reubicados en labores de limpeza viaria e desinfeccións.

Cando se incorpore o novo persoal de Diputación formaranse 2 brigadas: 1 de obras e 1 de servizos.

Polo decreto do loito todo o mes de maio quedan suspendidos os eventos on line de Participación Cidadá e Cultura.

Instalaranse 53 conexións gratis a internet a 53 nenos/as dos 5 colexios de Mos.

Mañá entregaranse 50 pantallas protectoras doadas por Neonarte a Asodifisi e ASOMAMOS.

Realizarase unha memoria de todas as doazóns realizadas desde o inicio da crisis do COVID-19 que se publicará.

A saída da Volta Ciclista a España desde Mos trasládase ao 5 de novembro.

Retidas as 2.000 mascarillas infantís para os nenos/as de 3 a 14 anos de Mos. Pero a empresa doante Rodavigo xa fixo outro pedido.

Preparando os criterios de contratación por parte do Concello dos 19 traballadores/as que virán a través do Plan Concellos da Deputación.

Proxecto único de empresas no Polígono da Veigadaña a través de AEMOS-trámite Doing Business polo Concello.

Confección do calendario de limpeza para os meses de verán que será acometido por Urbaser e a empresa de desbroce que se contrate.

Reactivación do Punto Limpo necesaria. Posible reapertura o martes 19 de maio. A semana que ven vanse dedicar a vacialo para ter capacidade de recoller todo o que chegue unha vez aberto.

Esta fin de semana: sábado 9 e domingo 10 de maio o Sevizo Municipal de Emerxencias realizará a ionización con cañóns de ozono das dependencias municipais de cara á súa reapertua ao público o luns día 11.