Desde o Concello de Mos conmemoramos o DÍA MUNDIAL DA NATUREZA

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Celébrase hoxe 3 de marzo proclamado pola Organización das Nacións Unidas (ONU) e conmemorado desde o ano 2013.
O Día Mundial da Natureza ou Día Mundial da Vida Silvestre é unha data proclamada en 2013 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, como conmemoración ao Aniversario da aprobación en 1973 da Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas de Fauna e Flora Silvestres.
A caza furtiva e o tráfico de especies son as ameazas máis importantes para a vida silvestre, aínda que existen outras causas que tamén preocupan como a perda do hábitat e o cambio climático.