Día da Paz no CEIP de Atín

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

SeguiMOS coa conmemoración do Día Escolar da Paz e a non Violencia nos CEIPs mosenses. Nesta publicación destacamos a iniciativa do colexio de Atín.

Este ano neste centro celebrárono lembrando a lenda de Sadako, unha nena xaponesa que se converteu nun símbolo de paz en todo o mundo e fixeron grúas de papiroflexia na biblioteca escolar.
Ademais no día de onte o alumando de Educación Infantil plantou unha árbore e pendurou nela as súas pombas da paz.
Noraboa pola iniciativa á dirección e profesorado do cole de Atín. Grazas polo voso gran labor.
Parabéns ao alumnado pola
súa implicación nesta efeméride tan importante.
SODES MOS, SOMOSMOS!!!
https://bibliotecadeatin.blogspot.com/2021/01/non-hai-camino-para-paz-paz-e-o-camino.html