Día Das Letras Galegas 2020

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A LINGUA GALEGA é a nosa identidade, é patrimonio universal e pertence a todas e todos nós. Este ano, conmemoramos o #DíaDasLetrasGalegas2020homenaxeando á figura de “Ricardo Carvalho Calero”, profesor ferrolano, unha das figuras máis relevantes da cultura galega da segunda metade do século XX, desenvolveu unha traxectoria vital fondamente vinculada á historia do galleguismo no pasado século XX: foi na mocidade membro do Seminario de Estudos Galegos e colaborador da revista Nós, participou na redacción do Estatuto de Autonomía de 1936 e, xa no exilio interior, implicouse activamente nas estratexias de recuperación do idioma propio. Membro da Real Academia Galega, destacou tanto no ámbito da creación literaria como na crítica e na investigación filolóxica, converténdose en 1972 no primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas.#somosMos #somosGalicia #SomosCultura

Publicada por Concello de Mos en Domingo, 17 de mayo de 2020

A LINGUA GALEGA é a nosa identidade, é patrimonio universal e pertence a todas e todos nós. Este ano, conmemoramos o #DíaDasLetrasGalegas2020
homenaxeando á figura de “Ricardo Carvalho Calero”, profesor ferrolano, unha das figuras máis relevantes da cultura galega da segunda metade do século XX, desenvolveu unha traxectoria vital fondamente vinculada á historia do galleguismo no pasado século XX: foi na mocidade membro do Seminario de Estudos Galegos e colaborador da revista Nós, participou na redacción do Estatuto de Autonomía de 1936 e, xa no exilio interior, implicouse activamente nas estratexias de recuperación do idioma propio. Membro da Real Academia Galega, destacou tanto no ámbito da creación literaria como na crítica e na investigación filolóxica, converténdose en 1972 no primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas.