Día de Europa

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Hoxe 9 de maio celébrase o #DíadeEuropa

Todos os anos realízanse numerosos eventos e actividades para celebrar o Día de Europa, coa participación dos países que forman parte da Unión Europea.

Con todo, nesta ocasión non será posible debido á pandemia mundial do COVID-19, na que o continente europeo e os seus países integrantes están a ser uns dos grandes damnificados, e que está obrigando ás persoas, aos cidadáns europeos, a permanecer nas súas casas ata que pase o perigo que o virus representa para toda a humanidade.

Se ben, neste comezo da desescalada, xa podemos ver a luz ao final do túnel e, neste Día de Europa, desde o Concello de Mos queremos enviar aos cidadáns mosenses unha mensaxe positiva e optimista porque estamos seguros de que “Xuntos SaireMOS”.