DÍA EUROPEO DAS PEMES.

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

DÍA EUROPEO DAS PEMES.

O día 12 de maio celébrase o Día Europeo das Pemes. Trátase dun recoñecemento ás pequenas e medianas empresas que, no caso de España, conforman a maior parte do tecido empresarial. Ao igual que no territorio nacional en Mos abundan as Pemes, ás que desde o Concello de Mos queremos hoxe renderlles unha especial homenaxe polos duros momentos que están a afrontar debido á crise do COVID-19. Se ben non perden a ilusión nin as ganas de crecer e reinvéntanse cada día adaptándose ás circunstancias. Por iso hoxe merecen todo o noso recoñecemento.

Ademais estase realizando por parte do Concello dun Estudo do Impacto Económico do COVID-19 en Mos mediante contacto directo con todas as empresas do municipio.

O contacto coas preto de 2.000 unidades empresariais existentes no termo municipal estase a facer vía telefónica.

No Concello de Mos hai autónomos e PEMES (Pequenas e Medianas Empresas) nas 10 parroquias mosenses. Se ben, as grandes empresas concéntranse maioritariamente nas parroquias de (no seguinte orde): Tameiga, Petelos, Sanguiñeda e Louredo.

Os que están a recibir en primeiro lugar a chamada do Concello de Mos para a elaboración deste estudo son os autónomos e establecementos que permaneceron durante 2 meses totalmente pechados ao público pola crise do COVID-19 tales como: perruquerías, centros de estética, comercios ao pormenor de moda e deporte, bares e cafeterías, restaurantes, etc.