Día Internacional da Audición

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Tamén hoxe celébrase o Día Internacional da Audición proclamado pola Organización Mundial da Saúde (OMS)
en 2007.
Desde 2007 a Organización Mundial da Saúde impulsou o Día Internacional da Audición, para impulsar a detección temperá de calquera tipo de problema ou deterioro auditivo que se poida presentar nas persoas de todo o mundo.
Na maioría dos casos, os pacientes con problemas na audición non notan os cambios ata que xa é demasiado tarde e o problema está moi avanzado. Por iso, búscase incentivar na poboación mundial que se realice un estudo dos niveis auditivos.