DÍA INTERNACIONAL DA DEMOCRACIA

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Con esta imaxe do último Pleno de Investidura celebrado o 15 de xuño de 2019, desde o Concello de Mos queremos conmemorar o Día Internacional da Democracia que ten lugar hoxe martes 15 de setembro.

O 8 de novembro de 2007, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas estableceu que cada 15 de setembro celebraríase o Día Internacional da Democracia, sendo festexado por primeira vez ao ano seguinte.

Este ano 2020 é un reto para as democracias debido á COVID-19, polo que as Nacións Unidas piden aos gobernos especial sensibilidade a este respecto.

Desde o Concello de Mos réndese con este xesto, homenaxe á democracia, cando se cumpren 43 anos das primeiras eleccións democráticas en España, que se celebraron o día 15 de xuño de 1977.