Día Internacional da Lingua Materna

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A riqueza da lingua materna

O Día Internacional da Lingua Materna celébrase desde 2002 co obxectivo de promover o multilingüismo e a diversidade cultural.

Os idiomas, coa súa complexa imbricación coa identidade, a comunicación, a integración social, a educación e o desenvolvemento, son factores de importancia estratéxica para as persoas e para todo o planeta. Nalgúns casos, algúns xa están a desaparecer completamente. Coa extinción dos idiomas mingua tamén a rica urdimbre da diversidade cultural. Pérdense posibilidades, tradicións, recordos, modalidades únicas de pensamento e expresión; recursos valiosos e necesarios para lograr un futuro mellor.

Polo menos o 43% das 6.000 linguas que se estima que se falan no mundo están en perigo de extinción. Tan só uns poucos centenares de idiomas tiveron o privilexio de incorporarse aos sistemas educativos e ao dominio público, e menos dun centenar utilízanse no mundo dixital.

O uso das linguas maternas no marco dun enfoque plurilingüe é un compoñente esencial da educación de calidade, que é a base para empoderar ás mulleres, aos homes e ás súas sociedades. Debemos recoñecer e promover o potencial das linguas para non deixar a ninguén atrasado e construír un futuro máis xusto e sostible para todos, como se recolle nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).

A diversidade cultural e o diálogo intercultural, o fomento da educación para todos e a creación das sociedades do coñecemento son factores fundamentais para o labor da UNESCO. Por iso é necesario promover o plurilingüismo e a diversidade idiomática, o que inclúe a preservación das linguas en perigo de desaparición.

Cada dúas semanas desaparece unha lingua que leva consigo todo un patrimonio cultural e intelectual.