Día Internacional da Nena

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

DedicaMOS o DÍA INTERNACIONAL DA NENA ás nosas nenas mosenses: as nenas de hoxe serán as mulleres mosenses do futuro. Por un futuro feminino mosense forte, libre e preparado: feliz Día da Nena!
O 11 de outubro conmemórase o Día Internacional da Nena, unha data proclamada pola ONU en 2012 co obxectivo de dar apoio a todas as nenas do mundo en defensa dos seus dereitos, así como concienciar á poboación sobre os desafíos que teñen que superar en moitas ocasións só polo seu xénero.
Cada ano, no marco desta celebración, ‘ONU Mulleres’ trata de impulsar un conxunto de medidas que logre equilibrar a balanza en canto á igualdade de xénero. Algunhas destas medidas son as seguintes:
Cambiar os estereotipos de xénero: Non só para que as nenas conten coas mesmas oportunidades que os homes, senón tamén, para romper con posturas arcaicas que impiden o progreso humano.
Mellorar a calidade da educación: Co obxectivo de brindar maior oportunidade de desenvolvemento para as nenas e preparalas tanto para a vida profesional como familiar.
Aumentar a cantidade de nenas na área de ciencias: Moitas veces as nenas son excluídas nas materias científicas porque se lles considera inferiores. Deben abrirse novas oportunidades que lles permitan desenvolverse en todas as áreas do saber, como matemática, ciencia, tecnoloxía e enxeñería. En relación a isto, o 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.
Axudalas na transición da escola ao traballo: Nunha alta porcentaxe as nenas non ingresan nas universidades, así que adoitan dar o salto da escola ao mundo laboral. O ideal é brindarlle todo o apoio e a orientación vocacional necesaria para que se dediquen a algo que realmente lles apaixone e para o que sexan aptas.
Facilitar o emprendemento feminino: En todos os países débense aplicar programas que axuden ás mulleres para alcanzar os seus soños e emprendementos desde unha temperá idade.
As nenas de agora serán as mulleres do futuro.
Lema 2021: A xeración dixital, a nosa xeración
Este ano 2021, para o Día Internacional das Nenas reclámase igualdade de acceso a Internet e aos dispositivos dixitais para todas as nenas. En definitiva quérese que cada nena poida acceder en igualdade de condicións, á tecnoloxía, para poder desenvolver o seu potencial.
Por iso, o lema da campaña para 2021 é “A xeración dixital, a nosa xeración”. A tecnoloxía ofrece ás nenas a posibilidade de adquirir coñecementos, ingresos e exercer o seu liderado.