Día Internacional das Mulleres Rurais

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

O 18 de decembro de 2007, a Asemblea Xeral da Organización de Nacións Unidas estableceu o día 15 de outubro como o Día Internacional das Mulleres Rurais co obxectivo de recoñecer á muller rural pola súa contribución no desenvolvemento rural e agrícola, a erradicación da pobreza e a mellora na seguridade alimentaria.
Na declaración inicial, a organización fai un chamamento aos estados membros para mellorar a condición das mulleres rurais, prestando atención ás súas necesidades, e tamén para empoderarlas no ámbito social, económico e político. Por iso desde o Concello de Mos queremos hoxe renderlles a homenaxe que merecen ás nosas mulleres rurais mosenses, representadas polas integrantes da ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS DE MOS VAL DA LOURIÑA, ás que podemos ver nesta imaxe de arquivo nunha pasada edición da Exaltación da Empanada de Pan de Millo, ao seu cargo, nos actos centrais da Festa da Rosa. O noso total e absoluto agradecemento ás NOSAS MULLERES, ÁS MULLERES RURAIS DE MOS. FELIZ DÍA!!!