DÍA INTERNACIONAL DO DEPORTE PARA O DESENVOLVEMENTO E A PAZ.

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

MOS CO DEPORTE.

Coa imaxe da nosa mascota municipal da concellería de Deportes, que porta o lema de ‘Mos co Deporte’ desde o Concello de Mos queremos conmemorar hoxe o Día Internacional do Deporte para o Desenvolvemento e a Paz.

En 2013 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 6 de abril como Día Internacional do Deporte para o Desenvolvemento e a Paz, para concienciar sobre a achega que o papel do deporte pode desempeñar na promoción dos dereitos humanos e o desenvolvemento económico e social.

SOMOSMOS, SOMOS DEPORTE!